Novas na prensa
ogalego@galicia.com

El Progreso, 1 de febreiro de 2009

 

O escultor e artesán Álvaro Pereiro é o autor da estatua doi falecido párroco Anxo González que se inaugurou o pasado sábado en Hospital do Incio. Pereiro mostra as súas obras nun pequeno museo aberto desde 1998 na localidade de Buxán.

-¿Coñeceu persoalmente a Anxo González?
-Si, trateino durante bastante tempo e interésamonos xuntos polo patrimonio arqueolóxico destas terras. El loitou moito para que se restaurase a igrexa de Hospital e alégrame que agora estea xunto a esa igrexa a escultura que fixen na súa memoria.
-Vostede utiliza moito mármores nativos da zona. ¿É un material díficil de traballar?
-O mármore do Incio e do Louzára é bastante complicado de esculpir. Ten moita veta e ten franxas que poden desfigurar a coloración das esculturas. Pero a min gústame moito utilizar este material e foi con el que fixen a estatua do párroco. Tamén traballo moito co granito e o alabastro.
-¿En que está traballando agora que xa acabou a escultura da igrexa de Hospital?
-Teño varios encargos pendentes, entre eles unha réplica do célebre Crismón de Quiroga. Estouna facendo en granito, aínda que o orixinal foi tallado precisamente en mármore do Incio. Normalmente esculpo bastantes escudos de armas e cruceiros para particulares ou para institucións públicas, pero tamén fago creacións propias con outros motivos. (La Voz de Galicia, Lemos, 4-2-09)

31-1-2009

EL PROGRESO, Sarria, páxina 16, 22-01-2009

TERRAS DO INCIO PREPARA UNHA HOMENAXE NA HONRA DO CURA PÁRROCO DO INCIO


A Asociación Veciñal e Cultural "Terras do Incio" prepara unha homenaxe na honra do que fora o cura párroco do Incio por máis de corenta anos Ángel González, falecido no ano 2006 a causa dunha longa enfermidade.
Destacamos desta persoa o seu carácter humano con tódolos feligreses/as do Incio así como a sua importante labor no eido cultural, pois coa axuda dunha grabadora ía polas aldeas do Incio na búsqueda de cancións tradicionais, bailes, que recopilaba e logo lle entregaba a Mini e Mero membros da Quenlla.
Participou asemade, na restauración da Igrexa de Hospital, lugar no que tan pronto consigamos todos os permisos necesarios, colocaremos un busto na sua honra. Pois como din moitos veciños do Incio "homes amantes da liberdade como o "cura do Incio" hai poucos".
Dúas imaxes da Romaxe dos Crentes Galegos celebrada no Hospital (cortesía de Laura Celeiro)

El cura párroco de O Incio será enterrado el viernes en el cementerio de A Barrela

20/04/2006: La Voz de Galicia

 

(Lugar: la voz | chantada)

El cura párroco de O Incio, Ángel González González, falleció ayer en el Hospital Xeral de Lugo víctima de una larga enfermedad que en las últimas semanas lo había obligado a dejar su actividad habitual. La gravedad de su dolencia era conocida en O Incio, pero su fallecimiento causó un hondo pesar en el pueblo en el que ejerció de sacerdote durante los últimos cuarenta años y en el que llegó a ser concejal por el PSOE.

La mayor parte de su vida pastoral transcurrió en O Incio, donde se encargaba de las parroquias de Santa Cruz, Hospital, San Pedro y A Ferrería. Poco después de ser ordenado sacerdote, y antes de establecerse en O Incio, había atendido varias parroquias de Os Ancares. Sin embargo, había nacido en A Barrela. En la capitalidad de Carballedo está la casa de sus padres y allí vive también la mayor parte de su familia.

El funeral está previsto para las cinco y media de la tarde. Vecinos de O Incio permanecían reunidos a última hora de la tarde de ayer para preparar su desplazamiento el viernes al funeral de Carballedo. Probablemente será fletado un autobús.

Imaxes da 1ª misa de Anxo en 1959

En memoria de Angel González

Francisco Sineiro, El Progreso

Hai xa dous anos que nos deixou o amigo Ángel González, que foi crego do Incio durante un bon número de anos.
E hai tempo que quixen dedicarlle unhas notas ao amigo, á persoa afable e preocupada que sempre foi Ángel.
Coñecino hai máis de vinte anos e sempre me interesou o seu xeito de observar, de preocuparse polos demais, de axudar, de practicar uns valores que para el como crente tiñan unha base relixiosa, pero respectando aos que os entendían só desde a vertente dá ética e dos valores civís.
Ángel foi unha persoa sempre dispoñible para axudar, para participar en traballos colectivos, fora nunha obra veciñal ou nun pastizal no monte de veciños. Tiña ademais unha vena que me sorprendera a primeira vez que o escoitara interpretando cantares de cego, nos que buscaba e pedía a participación de todos, ben facendo vos coros ou simulando a música da zanfoña. Estes cantares tampouco tiñan desperdicio, pois recordo o conto do home que era tan ruín que ata o abandonaba a súa burra, e Ángel nos dicía ao final, non hai que ser así, senón vos ides quedar sós e sen burra.
Pero o que máis recordo de Ángel son as súas preocupacións de fondo polo declive e abandono da montaña e do rural. Francisco, dicía, non fago máis que enterros e xa case non sei o que é un bautizo.
E tiña razón Ángel. A súa comarca perdera case un 20% de poboación nos últimos quince anos, pero o que era aínda máis preocupante, case a metade da xente nova por debaixo dos vinte anos. Con eles vai ou noso futuro. Dicía e tiña razón.
O plan de Ángel era simple de explicar, pero máis difícil de levar á práctica. Sen traballo non aguanta a xente nova, pero para ter mellores traballos hai que ter educación. Ademais hai que dispor dunhas condicións de vida dignas nos servicios de saúde, na atención aosmaiores e para poder desprazarse para afora por motivo do traballo diario ou dunha urxencia. A agricultura soa non chega para cubrir as necesidades actuais.
Deste modo Ángel ía desgranando os valores e os dereitos do estado de benestar, da social democracia que sempre defendeu. Dereitos á educación, á saúde, á protección social, á asistencia aos maiores.
E tamén ía establecendo as bases do desenvolvemento das zonas rurais. De abaixo a enriba Ángel ía establecendo os principios prácticos aos que outros chegaban percorrendo o camiño contrario.
E Ángel aínda engadía outro principio básico: sen cacicadas, as cousas han de facerse pola orde das necesidades e non das amistades.
Ángel, amigo te lembro e saúdo onde queira que esteas, aínda que eu sitúoche vagando polos aires do Incio. Ata sempre, amigo, ata sempre, compañeiro. Francisco Sineiro.

Anxo traballando na recontrución da igrexa do Hospital e de apicultor en San Pedro

La Voz de Galicia:

El fallecido párroco Anxo González será recordado con un monumento de O Incio

La asociación Terras do Incio celebrará el próximo día 31 un homenaje al sacerdote Anxo González González, fallecido en abril del 2006, quien durante varias décadas se ocupó de las parroquias de Santa Cruz, Hospital, San Pedro y Trascastro. Los organizadores preparan varios actos, uno de los cuales consistirá en la inauguración de un busto dedicado a recordar al desaparecido párroco, del que señalan que «destacou pola súa bondade e entrega aos demais» mientras residió en el municipio. El monumento será instalado en el entorno de la iglesia románica de San Pedro Fiz de Hospital.

La inauguración se llevará a cabo hacia la una de la tarde, después de una misa que se oficiará en la referida iglesia. Posteriormente se celebrará una comida de homenaje en el pabellón deportivo del colegio público Ricardo Gasset. Las entradas podrán retirarse hasta el día 27 en todos los bares y cafeterías del municipio al precio de veinte euros y serán gratuitas para los niños de hasta 10 años de edad. Al homenaje asistirán el obispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, y el presidente de la Diputación, José Ramón Gómez Besteiro.

Anxo González González residió en el municipio de O Incio durante cerca de cuarenta años. Falleció a los 71 años de edad tras una larga enfermedad en la localidad de Trasar de Carballo, en el municipio de Carballedo, de donde era natural.

Foto feita en Segovia en 1962

Reunión dos Cursillistas

Anxo arranxando o reloxo da casa familiar de Trasar que marcou as horas da súa infancia e dando a comuñón nunha das súas primeiras misas

Vídeo da constitución da primeira Corporación Municipal do Incio no que el foi concelleiro:

 

Novas na prensa
ogalego@galicia.com